Gaiolas…

20181117_171000

O paxaro que sempre estivo pecho na gaiola non bota a voar cando o sacan dela. Está preso do pasado, segue vendo as reixas… Dinlle que é libre pero non o é.

En ocasións sucédenos tamén ás persoas. Estamos atados a unhas circunstancias, a unha historia… Ábrennos a gaiola e non voamos. Porque non sabemos, por medo, porque ninguén nos ensinou… Polo que sexa. O caso é que nos sentimos máis seguros dentro. Do mesmo xeito que nos sentimos seguros no niño. Pero somos paxaros e pronto habemos saltar porque os soños non medran se as ás non se axitan.

Advertisements