Os imbéciles.

024 Os imbéciles

Non teñen a ben agocharse no furado do porco teixo… Non…

Incansables na estulticia, parecen ter sempre folgos e reservas. E non decaen. Pode que xamais afoguen e quizais máis cedo que tarde boten a voar… Teñen todas as respostas antes incluso de que formules as preguntas. De feito coñecen todos os camiños. Todos os seus prexuízos son sentenzas que non podes recorrer, xuíces infalibles desde os seus asentos insensibles. Son seres superiores donos de todas as verdades. Verdades universais…

Os demais imos tecendo no día a día como boamente podemos. Os imbéciles semellan felices… Pero sospeito que son escuros.

Advertisements