Piano piano…

20190124_174327_3

Ás veces erro camiños, verbas e feitos.

Os meus dedos tocan as teclas equivocadas.

Non quero pero ocorre. Descúlpome ante ti.

Fágome responsable de cada desatino.

Pouco a pouco vou aprendendo. E tento fluír.

Piano piano…

Se digo sempre é co corazón.

Aínda sabendo da fugacidade, co corazón soño un sempre.

Pero caio e non sempre son un sempre.

Quizais pinto unha palabra que quere ir demasiado lonxe.

Mais quero selo.

Todos temos conflitos persoais. Aquí un dos meus.

Loito por e pra ser un sempre.

Por sempre caxato se na treboada te preciso,

pra que sempre poida contarte entre os meus.

Por sempre compañeiro se me necesitas,

pra que sempre poidas contar comigo.

Advertisements